Gran partido de Copa Primavera o disputado por tódalas infas moi metidas no xogo.

Encontro e resultado: REALE SEGUROS A ESTRADA 24 – PELETEIRO C 54
Competición: 2ª DIVISIÓN INFANTIL FEMENINO
Xornada: COPA 1/4
Lugar e hora: PAVILLÓN COTO FERREIRO. SÁBADO 11 MAIO as 18:00
Parciais:

5 – 14

6 – 24

Resultado ó descanso: 11-38

5 – 7

8 – 9
5 Inicial: INÉS, LUCÍA E., LUCÍA V., CARMEN e NURIA
Eliminadas: SEN ELIMINADAS
Xogaron e anotaron: INÉS, LUCÍA ESTRAVIZ, LUCÍA VILLARQUIDE, ADELA, NURIA, ISA, CARMEN, PAULA (Mini), ALICIA (Mini) e AMY (Mini)
Crónica:
Volvíamos A Estrada para disputar a eliminatoria de cuartos da Copa Primavera a partido único co que a dificultade era máxima, sobre todo, despois da nosa apurada vitoria no  derradeiro partido de Liga.
Como era previsíbel, dende o comezo as locais intentaban impoñer o seu físico pero desta volta o equipo saíu máis activo e intenso en defensa e impedía que as estradenses puidesen facer o seu xogo. Por contra, si que eramos quen de impoñer o noso xogo máis rápido 5-14.
No 2º período mantivemos a actividade defensiva pero unido agora ao acerto ofensivo (mesmo no tiro exterior) onde tódalas xogadoras aportaban o que nos permitía acadar un avultado parcial de 6-24 que rachaba o partido. (11-38)

Despois do descanso as locais pelexaron por meterse no encontro pero o noso equipo conseguía frear o seu ataque e igualaba a loita no rebote creando dubidas no rival e conseguindo manter as diferenzas (5-7).
No derradeiro cuarto os 2 equipos baixaron un pouco o ritmo aínda que mantiveron a loita ate o final. Importante vitoria por 24-54 que nos da o pase a semifinais da Copa.

Gran partido o disputado por tódalas infas moi metidas no xogo e traballando con intensidade e acerto. Agradecer outra vez a axuda das 3 minis Paula, Amy e Alicia (que debutaba na categoría) que aportaron traballo, intensidade e puntos, xogando como si o levasen facendo toda a tempada. Agora a traballar para pelexar na semifinal!!!