O Infantil feminino C non puido facerse coa Copa Primavera

Encontro e resultado: COMPAÑÍA DE MARÍA 52 – PELETEIRO C 41
Competición: 2ª DIVISIÓN INFANTIL FEMENINO
Xornada: COPA PRIMAVERA FINAL
Lugar e hora: COLEXIO COMPAÑÍA DE MARÍA. DOMINGO 2 XUÑO as 12:00
Parciais:

9-9

16-9

Resultado al descanso: 25-18

10-13

17-10
5 Inicial: OLIVIA, LUCÍAV., LUCÍA E., CARMEN e INÉS
Eliminadas: OLIVIA
Xogaron: LUCÍA VILLARQUIDE, LUCÍA ESTRAVIZ, LUCÍA FOIRA, ADELA, INÉS, ISA, CARMEN, OLIVIA, FÁTIMA, ENMA (M), ANA (M) e ALICIA (M)
Crónica:
A tempada chegaba ao seu fin coa disputa da Final de Copa contra o 2º clasificado da Liga regular no seu propio feudo. A preparación e as circunstancias previas non puideron ser peores pero grazas a ilusión e empeño das rapazas, a axuda do equipo mini e o compromiso das familias puidemos presentar un equipo competitivo.
As xogadoras saíron con decisión e enerxía. Os nervios facían que o noso ataque fose moi impreciso pero a nosa defensa conseguía frear as locais e podíamos manter a igualdade 9-9.
No 2º período seguíamos atascados e con pouca fluidez ofensiva pero as rotacións permitíannos manter o nivel defensivos e so uns erros nos últimos minutos fixeron que as locais puidesen coller unha pequena renda no marcador 16-9. Ao descanso 25 – 18.
No 3º cuarto disputamos os nosos mellores minutos. A loita no rebote das nosas xogadoras foi brutal pese a manifesta inferioridade física. Iso permitiunos anotar en rápidas transicións para gañar o parcial e igualar o marcador (10-13).
No derradeiro cuarto mantivemos a loita e a igualdade. Custábanos moito atacar 5c5 pois non entraban os tiros e a maior envergadura das de Compañía facían moi difícil as penetracións pero a intensidade defensiva permitíanos estar no partido ate que a falta de 2´ se nos acabaron
as pilas. Dúas boas accións das locais e un par de perdas nosas dábanlle unha vantaxe as de Compañía de María que xa sería definitiva (17-10). Vitoria xusta das locais 52-41.
So darlle os parabéns as 12 xogadoras pois todas aportaron e o intentaron nos minutos que estiveron na pista e a pesar da derrota deixaron a sensación de que temos cimentos para poder construír algo máis sólido nun futuro próximo.