Esta fin de semana a Federación Galega de Baloncesto volve a facer unha convocatoria das preseleccións cadete e infantil tanto nas súas categorías masculinas como nas femininas.
A nova convocatoria terá lugar en Marín, na Residencia San Narciso os días 5 e 6 para as categorías infantís tanto masculina como feminina.
Nestas categoría temos a presencia de Gael Tadeo Barral Amorós.
Pola súa banda as categorías cadetes, tanto a masculina como a feminina farán a súa concentración en A Estrada e en Noia respetivamente. Sendo a concentración masculina o domingo 6 e a feminina o sábado 5 e domingo 6.
Nesta ocasión só temos representantes na categoría cadete feminina con Clara Fidalgo e Marta Sanmartín.

Queremos desexarlles sorte os nosos representantes e recordarlles que o máis importante é que disfruten unha vez máis da experiencia.

Infantil Masculina Cadete Feminina