3ª Xornada Senior Masculino: Extrugasa Rio Ulla – Peleteiro

Encontro e resultado:

Extrugasa Río Ulla 89 Peleteiro Frutas Barreiro 85
Competición:

2º División masculina.
Xornada:

3º Liga Regular.
Lugar e hora: Pontecesures, sábado ás 20:00.
Parciais:

19-14

18-23

Resultado al descanso: 37-37

19-22

20-17

Final tiempo reglamentario: 76-76

Prórroga:13-09

Resultado Final: 89-85

5 Inicial: David, Ramón, Raviña, Soriano e Carlos.
Eliminados: Raviña.
Xogaron e anotaron: David Pazo (13), Soriano (5), Vicario (19), Pedro (14), Carlos Nogueira (5), Raviña (15), Antón (2), Mauro (2), Ramón (8), Sergio F. (1), Pablo Míguez jr.(1).

Crónica:
Chegabamos a Pontecesures coa boa nova de dispoñer por primeira vez de toda a plantilla (aínda que sen estar  Fer e Sergio ao 100%) máis a presenza do junior Pablo Míguez que xa levaba adestrando con nós desde pretemporada pero non entrara no roster por motivos de estudos. O partido decidiuse na prórroga para os locais nun partido de moito igualdade e que tamén tivemos opcións claras de gañalo pero erramos os tiros decisivos.
Desde o primeiro cuarto ate o final do partido nos atopamos cunha defensa en zona que non nos permitía xogar ao noso ritmo. Aínda que o acerto desde a liña de tres puntos foi alto (13) a nosa defensa no 1c1 non foi nada boa e permitía aos de Pontecesures moitas canastras fáciles. No último cuarto a falta de cuatro segundos e co partido empatado dispuxemos dun tiro claro pero non entrou ao igual que ao final da prórroga.
Para a vindeira semana xogamos en Montouto o sábado ás 18:00 contra O Santo Domingo Betanzos B. Quédanos unha semana de traballo para seguir collendo ritmo e mellorar, sobre todo, no aspecto defensivo.