5 Convocados pola Federación Galega para o Campionato de España

Cinco dos nosos xogadores, concretamente 4 xogadoras e 1 xogador formarán parte das Seleccións Galegas de Baloncesto que participarán no Campionato de España de Baloncesto de Seleccións Autonómicas.

Os cinco formarán parte das Seleccións Infantís, un na Selección Infantil Masculina:

  • Simón Bermúdez

Mentores que serán catro as catro rapazas formarán parte da Selección Infantil Feminina:

  • Adriana Martínez
  • Alba Moure
  • Carmen Suárez
  • Marta Sanmartín.

O campionato celebrase en Huelva dende o día 3 ata o día 8 de Xaneiro.

A expedición galega partirá de Santiago de Compostela o vindeiro día 1 as 23:15h.

As rapazas están encuadradas no grupo ESPECIAL B; grupo no que xogarán contra:Comunidad Valenciana, Illas Baleares, Extremadura e Andalucía.

Pola sua parte os rapaces están no grupo ESPECIAL A, no que terán que competir contra:Comunidad Valenciana, Andalucía, País Vasco e Madrid.

Debutarán en doble xornada o día 3 os dous combinados. Empezarán ante Valencia as 9:30 de mañá os rapaces e duas horas máis tarde chegaralle o turno, tamén ante Valencia, as rapazas. Xa pola tarde, ás 17:30 voltraán xogar os rapaces diante de Andalucía e as 19:30 tocaralle xogar as rapazas diante de Illas Baleares.

O venres 4 descansarán os infantís e as chicas xogan o seu terceiro encontro ás 19:30

Finalmente o día 5 xogan os rapaces contra País Vasco ás 9:30 e elas ás 13:30 diante de Andalucía, partido co que rematan a sua participación na primeira fase. Os rapaces deberán xogar diante de Madrid ás 17:30 o seu derradeiro grupo da primeira fase do Campionato.

O día 6 xa se xogaría en función da clasificación.

Antes de partir cara terras andaluzas, as catro seleccións completarán a súa axenda con dobre concentración en Marín. Os días 22 e 23 e 27 e 28 de decembro reuniranse nesta localidade para dar o primeiro impulso cara un Campionato que suporá toda un experiencia deportiva e persoal.

Dende a ADM PELETEIRO queremos darlles a noraboa os 5 os que animamos a que disfruten a experiencia ó máximo e dos que daremos boa conta dos seus resultados e actuación

.