5 representantes do Peleteiro nas Preseleccións Galegas

Esta fin de semana as Preseleccións Galegas de Baloncesto Infantil Masculina e Feminina, participarán no Torneo “ Olmedo Cidade do Caballero” xunto á Seleccion de Castela e León e o CB Ponce.

Este Torneo servirá a modo de preparación para o Campionato de España que se celebrará en xaneiro.

Forman parte da preselección Galega Infantil Feminina 4 das estudantes do Colexio Manuel Peleteiro e xogadoras integrantes do equipo Infantil A do Peleteiro.

Elas son: Carmen Suárez, Adriana Martínez, Marta Sanmartín e Alba Moure.

As catro están sendo adestradas esta tempada por David Pérez e Lucía Carabán, e o seu equipo que compite na 1ª División Galega neste momento encabeza a clasificación do grupo Norte con dous partidos xogados e dúas vitorias.

Ademáis as catro tamén están xogando co Cadete A, que tamén compite en 1ª División, no grupo Norte e adestradas por Pablo Carreira e Víctor Fernández, levan duas vitorias e unha derrota.

Alba e Adriana levan dende os seus inicios no baloncesto no noso clube, mentres que Carmen e Marta son novas no noso colexio e clube de baloncesto.

A elas úneselles Simón Bermúdez,  como quinto representante do Colexio e do Club nas Preseleccións Galegas.

No seu caso, Simón forma parte da Preselección Infantil Masculina.

Do mesmo xeito que as súas catro compañeiras, Simón, tamén estuda dende este curso no Colexio Manuel Peleteiro formando parte do equipo Infantil Masculino de 1ª División, adestrado por Roi Martínez e que vai en sexto lugar da clasificación ao conseguir unha vitoria e unha derrota.

 

 

Os nosos 5 representantes ademais de competir e disfrutar, buscarán neste Torneo facerse un oco entre os 24 (12 xogadoras e 12 xogadores) que formarán parte das Seleccións Galegas Infantís que disputarán o próximo Campionato de España de Baloncesto.

 

A Preselección Galega Infantil Masculina comenzará o Torneo este sábado ás 10:00 da mañá xogando contra Castilla y León, a mesma hora tamén debutarán as xogadoras da Preselección Feminina, tamén ante Castilla y León

Os dous combinados volverán a xogar pola tarde, as 17:00 diante do CBC VALLADOLID os rapaces e do CB PONCE as rapazas.

O derradeiro encontro será o domingo as 10:00 diante nos dous casos da Selección de Madrid.

Desde o CLUBE queremos desexarvos sobre todo que disfrutedes ao máximo desta experiencia.