A ansiedade pode cos júniors ante Fontiñas

 Peleteiro 57  Fontiñas L. Fonseca 63

Visitaba Montouto o líder invicto da competición nun partido no que o equipo debía dar un paso adiante e reivindicarse nun partido duro e competido, pero que lamentablemente amosou o noso lado máis escuro e desafortunado.

O equipo saltou á cancha con moita intensidade e entrega sabendo o que tiña que facer nos dous lados do campo aínda que o acerto en ataque non o acompañaba. Pouco a pouco a situación foi empeorando cando o equipo contaxiado polo entorno entrou nunha espiral autodestrutiva e deixou de competir (1° parcial 9 – 11).

No 2° cuarto, o equipo entendeu que ese non era o camiño e xogou de xeito mais enėrxico en defensa cunhas transicions rápidas e mellores lecturas en ataque que facían posible que nos puxeramos en vantaxe chegando ao descanso con un 31 – 26.

Cando o momento de crise parecía superado, un mal comezo de cuarto fixo que o rival  rapidamente igualase o marcador e outra vez volveu a loucura. O equipo deixou de xogar. O traballo de meses de todo o equipo, ao lixo. Todo protestas, malos modos, reproches, técnicas…  Un parcial de 9 – 20, ía marcar o encontro.

No derradeiro cuarto o equipo con máis corazón que cabeza mantívose no encontro, pero outra vez a falta de acerto e temperanza nos momentos clave, as nosas graves carencias en canto a lectura de xogo e de partido e o acerto do rival nos tiros libres decantaron o encontro.

Pele-FontiñasLF (9)2ª división júnior masculina, grupo D, xornada 6ª.

Montouto, sábado, 16.00h

Parciais: 9 -11 / 22 – 15 / 9 – 20 / 17 – 17 

Xogaron e anotaron:

Luis (5/+4) , Carlos M., Germán (5/+3), Miguel (0/+1),

Juan (11/+5), Carlos N. (2/0), Pablo(13/+11),

Víctor F., Víctor C. (2/+2) e Ramón (17/+9).

Eliminados: Germán, Carlos M. , Luis e Ramón