A FALTA DE RITMO MARCOU O ENCONTRO QUE SE DECANTOU A FAVOR DOS NOSOS INFANTÍS

Encontro: PELETEIRO C 63 – ADB FONTIÑAS 44                    

Lugar e hora: PAVILLÓN MONTOUTO 2. DOMINGO 19/01/20 ÁS 17:00

Resultado final: 63 – 44

Parciais :

21 – 10

12 – 7

Resultado ó descanso: 33-17

18 – 14

12 – 13

XOGARON E ANOTARON:

ALEXANDRE (0), JUAN (4), TELMO (26), ANGEL (6), NACHO (4), ESTEBAN (6), SANTI (0), JACOBO (10) e ÁLVARO (7).

 AUSENCIAS E MOTIVO:

NICO (Lesionado), JAVI (Lesionado) e IVÁN (Motivos persoais)

CRÓNICA :

Volvíamos á competición despois do longo parón do Nadal e recibíamos ao equipo do ADB Fontiñas para pechar a 1ª volta da Liga.

Os dous equipos notaron a falta de ritmo de competición cometendo moitos erros e perdas de balón que aproveitaban mutuamente para anotar con certa facilidade (21-10).

O noso equipo apenas defendía como tal, so algunhas situacións concretas e accións individuais permitían canastras doadas. En ataque o equipo xogou de xeito caótico e as veces con certa anarquía o que facilitaba que os visitantes anotaran en transición e non se desengancharan do encontro (12-7). Ao descanso 33-17.

No 3º período tiñamos a intención de mellorar pero o comezo aínda foi peor sobre todo en ataque. Festival de tiros sen sentido que loxicamente non entraban e atopaban ao equipo descolocado tanto para o rebote como para o balance defensivo e que converteron o partido nun xogo de ida e volta (18-14).

No derradeiro parcial os visitantes non tiraron o partido a pesar da desvantaxe e con orgullo e acerto conseguiron reducir as diferenzas aínda que varias xogadas nosas de mérito fixeron que puidésemos asegurar a vitoria (12-13). Final 63-44

Mal partido o disputado polo equipo a pesar da vitoria pois en ningún momento xogou como temos traballado e só as accións individuais nos permitiron sacar o partido adiante. A pesar disto rematamos a 1ª volta da liga nunha meritoria 2ª praza do grupo. O obxectivo ten que ser recuperar sensacións, volver a ser un equipo compacto e minimizar erros para intentar competir contra o líder invicto na seguinte xornada. Queda unha semana de traballo!