A XXVI edición do Campus Peleteiro presentada oficialmente

No día de onte, no Centro Comericial Compostela- El Corte Inglés, patrocinador oficial, procedeuse á presentación da edición de 2018 do Campus de Baloncesto.

Contou coa presenza de Pati Blanco, Director Regional de Comunicación de El Corte Inglés, Juan Carlos Pérez, Xerente do Colexio M. Peleteiro, Manuel Vidal, presidente de ADM Peleteiro e Pepe Casal, director do Campus.

Na presentación perante os medios resaltouse unha vez máis a permanencia no tempo deste Campus, o valor engadido que aporta aos seus asistentes e o mérito organizativo a cargo de Ana Martínez que conleva atender ano a ano a uns 200 participantes.

Polo tanto, un ano máis, a derradeira semana de xuño (25 a 29), o Colexio M. Peleteiro abre todas as súas instalacións para atender a todos aqueles que se inscriban.

Aínda que é pronto para concretar todos os convidados, Pepe Casal confirmou que estará o obradoirista Pepe Pozas, case un compostelán máis, a xogadora do Celta Raquel Carreras, unha das grandes promesas do baloncesto galego e, como desagravio á súa non convocatoria coa U20F, Blanca Millán. Nós si te seleccionamos.

Non faltará, como cada edición, o noso padriño particular Fernando Romay.

Para os rezagados que aínda queiran inscribirse, lembrade seguir esta ligazón. Todo o proceso pode facerse vía internet.