Adestradores dos equipos Cadetes

Seguimos presentado aos adestradores que se farán cargo dos equipos do CLUB. Nesta ocasión chega o momento dos adestradores da categoría cadete.

CADETE MASCULINO:
No Cadete Masculino estarán á fronte dos equipos Lalo Foira e David Pérez, mentres que o Cadete Feminino levarano Víctor Fernández e Pablo Carreira.

Lalo Foira faise cargo do Cadete Masculino na súa terceira tempada no club.
A tempada pasada Lalo fíxose cargo do Infantil Masculino de Liga Galega, equipo co que logrou a clasificación para o Campionato de España celebrado en Marín durante o pasado desde Xuño. Este ano será o responsable do equipo cadete masculino que competirá en 1ª División.

David Pérez, farase cargo do Cadete Masculino de primeiro ano, equipo que competirá na liga local e estará practicamente composto por xogadores de primeiro ano. David compaxinará a dirección deste equipo coa dirección do Infantil Feminino de 1ª División, categoría na que repite e que a tempada pasada case alcanza a Final a 4 cun equipo de primeiro ano. Esta será a undécima tempada de David no noso club.

CADETE FEMININO

Na categoría feminina temos novidades, Víctor Fernández pasa do Junior Feminino, onde estivo adestrando durante as últimas 6 tempadas, chegando en 3 ocasións ao Campionato de España ao Cadete Feminino. Víctor farase cargo do equipo unha vez recuperado da súa operación (rotura de ligamento cruzado e meniscos da perna esquerda).

E chega ao Club un novo adestrador, trátase de Pablo Carreira que tras pasar os últimos anos adestrando en Pio XII chega para adestrar ás cadetes de liga local e levar o equipo de liga galega ata a reincorporación de Víctor. Ademais Pablo será o encargado do equipo Mini feminino de 1ª División.
Con Pablo conseguimos incorporar a un adestrador que leva moito tempo formándose e especializándose no baloncesto feminino, sendo colaborador actualmente do CB Ao- QAZERES de Liga Feminina.

Os dous equipos cadetes femininos adestrarán xuntos prácticamente toda a tempada.