As cadetes logran a Copa Federación

O equipo cadete feminino faise con Cópaa Federación.
Despois dunha primeira fase da tempada na que fomos evolucionando de menos a máis e acabamos nun bo nivel de xogo pero que non foi suficiente para competir no grupo que daba acceso ao título, o equipo cadete feminino tivo que disputar a segunda fase da competición no grupo da permanencia.
A nosa participación nesta fase saldouse cun pleno de vitorias que nos permitiu conseguir o obxectivo da permanencia e disputar a final de Cópaa Federación #ante o sexto clasificado do grupo polo título o Ensino de Lugo.
Esta final que tiña que disputarse o pasado 5 de maio finalmente non se celebrou por problemas do equipo rival.
Este domingo, a Federación Galega fixo entrega ao noso equipo do Trofeo que as acredita como campioas da competición.
O noso equipo cadete está formado por:
Adriana Pardo, Andrea Leza, Antía Oreiro, Claudia Rodríguez, Cris Rigueiro, Inés Abalo, Paula Tábora, e as infantís: Adriana Martínez, Alba Moure, Carmen Suárez, Marta Sanmartín, Noa Hermida e son adestradas por Víctor Fernández e Pablo Carreira.
Parabéns a todo o grupo pola tempada realizada.