As infantís estréanse con dobre vitoria

Peleteiro- La Salle. Foto: Luís R.
Peleteiro- La Salle. Foto: Luís R.

Comezou tamén a liga infantil feminina. Despois de case dous meses de adestramento, nalgúns casos, chegou o momento de demostrar na competición o traballado na preparación. Tampouco lles foi mal.

Mármoles Portosín 7

 Peleteiro A 89

 

2ª división infantil feminina, grupo D-B, xornada 1ª. Pavillón Santa Irene (Porto do Son), dom. 17.00h

Cuartos:1) 2-25 , 2) 2-24 (4-49 ao descanso); 3) 3-16  e  4) 0-24.

Xogaron e anotaron:Carlota(8), Esther (26), Sofia (2), Ana Garcia (4), Ana Pernas (4), Sandra (8), Marta (6), Claudia (12) e Laura (19).

   Partido ante un rival que acaba de empezar que solventamos con buena actitud defensiva y sueltas en ataque.

   Partido que nos sirve como continuación a nuestros entrenamientos, en el que jugamos con ritmo y sin relajarnos, mucha anotación y todas las jugadoras asumiendo sus tiros.

    La clave, nuestra defensa de línea de pase que nos valía para hacer contraataques claros. Además en 5×5 teníamos mucha superioridad en rebote.

    Tenemos que seguir para coger un mejor nivel, podemos mejorar mucho en juego y físicamente.

Peleteiro B 61 – La Salle 53

 

2ª división infantil feminina, grupo D-A, xornada 1ª.  Montouto, 19 out.,  ás 17.00h

Parciais: (9-18) (20-6) (13-14) (11-15) + ( 8-0) prórroga 

Xogaron e anotaron: Ana, Clara 7,Andrea,Paula 20, laura 6,Carmen 9,Elena e María 19. Eliminadas: Clara, Laura e Carmen.

    Comezou a liga para o equipo infantil feminino de  1º ano. O sorteo  deparounos un grupo difícil con tres equipos fortes de 2º ano. Este primeiro partido precisamente cun deles.

    Saímos á pista algo nerviosas e imprecisas e nos primeiros minutos La Salle ben colocado no campo acadou unha vantaxe de 8 ptos (1-9). Logo dun tempo morto para afrouxar os nervos e reconducir algunhas cousas, subimos  a nosa defensa, circulamos mellor o balón e comezamos a anotar con máis facilidade.O chip mudou e no final do 1º cuarto e sobre todo no 2º démoslle a volta o marcador presionando moi forte e aproveitando moi ben os roubos de balón.No descanso a nosa vantaxe era de 5 ptos.

    O 3º e 4º cuartos foron moi igualados, pero o cansanzo e, sobre todo, as faltas persoais non nos permitiron resolver o partido e La Salle acadou a canastra que empataba o partido nos últimos segundos.

    Despois de todo o esforzo dos 40 minutos e con só 6 xogadoras dispoñibles (dúas con 4 faltas), afrontamos a prórroga sen baixar os brazos. As nosas xogadoras sacaron folgos de non se sabe onde, e con fe e cunha actitude fantástica gañaron a prórroga por un contundente 8-0.

 Isto vén de comezar, a seguir adestrando con ganas, adaptándose á categoría e disfrutando do basquet. En hora boa a TODAS.