As nosas junior xogan esta fin de semana en Lugo a Final a 4 que da o pase ó Campionato de España

Esta fin de semana baixo a organización do clube Estudiantes Lugo, segundo clasificado da liga regular, os catro equipos clasificados entre o segundo e quinto pisto da categoría junior feminina buscarán facerse co subcampionato e coa terceira posición, algo que daría a posibilidade de participar no  Campionatos de España que se celebrará en Avilés do 5 ó 11 de Maio.

A clasificación na liga regular foi a seguinte:

Campión Liga: R.C. Celta Baloncesto. 

2ª Estudiantes Lugo

3º Rosalía Pio XII

4º Durán Maquinaria Ensino

5º Peleteiro 

A final a 4 dará comezo o sábado as 16:00h co encontro que enfrontará as nosas xogadoras contra as anfitrionas, o gañador do encontro accederá a final que se xogará o domingo, pero xa estará automáticamente clasificado para o Campeonato de España.

 

Estes son os horarios de xogo:

13/04/2019

(16.00 h) ESTUDIANTES LEYMA NATURA – PELETEIRO (X)
Campo: PAZO PROVINCIAL DEPORTES

(17.30 h) INSTITUTO ROSALIA PIO XII – DURAN MAQUNARIA ENSINO (Y)
Campo: ANEXO, 2

14/04/2019

(10.30 h) GAÑADOR X – GAÑADOR Y (retransmisión en directo Vía Fegaba Tv)
Campo: ANEXO, 1

 

Desexámoslle toda a sorte as nosas xogadoras:

Ana Fagín, Paloma Eiroa; Carlota Martínez ; Paula Lamas; Iria Losada; Clara Gil; Rut Iglesias; Lidia González; Laura Salgueiro; Clara Silva; Andrea Fernándeze as cadetes: Andrea Leza; Paula Tábora; Cris Rigueiro e Adriana Pardo. Adestradas por Nacho Varela e Carlos Souto.