Axenda 1-2 novembro 2014

Foto axendaConvocatoria CETI zonal

Concéntranse as preseleccións galegas

Esta fin de semana hai parón en todas as competicións, agás na sénior feminina. O noso equipo ten compromiso oficial o sábado, ás 16.00 en Fontiñas contra o equipo local.

O parón obedece a que hai concentración das preseleccións galegas cadetes. Repite traballo coa feminina Víctor Fernández, esta vez na Estrada. Polo que respecta á masculina, está citado outra volta Fernando Mostaza e incorpórase á mesma Álex Carrera. A concentración terá lugar en Tui durante o sábado e o domingo.

A Delegación de Santiago convoca a través do seu responsable técnico, Iago Rodríguez Palemeiro, un CETI zonal que se desenvolverá o domingo pola tarde no Colexio La Salle. A convocatoria é pechada, está dirixida a xodaores infantís (anos 2001 e 2002) e minis (2003 e 2004) tanto masculinos como femininos. Peleteiro estará presente con 16 xogadores. Esta é a convocatoria completa: 02.Convocatoria CETI (2 nov. 2014)

A nosa felicitación a todos os convocados. Aos demais e aos nosos visitantes, feliz descanso!