Axenda 25-26 de outubro

Foto axenda                                                         X9.Xornada 25-26 outubro

Comeza a competición sénior masculina

Remata a Copa Galicia de minibásquet

A fin de semana tráenos a estrea do equipo sénior masculino. Os campións da tempada 2013-14 abren a liga en Viveiro. Cun equipo renovado en parte, combinando veteranía e xuventude, os de Fran Varella seguen dispostos a dar guerra.

Chega á súa fin a Copa Galicia de minibásquet. Gran experiencia a vivida polos nosos cativos ao longo do último mes e medio. En 15 días comeza a liga para todos e aí os nosos 11 equipos minis poderán saborear a competición.

O resto dos equipos xa están todos en marcha e esta semana terá o seu primeiro partido o equipo cadete feminino de primeiro ano.