Axenda da fin de semana (2-3.06.18)

Chegamos á penúltima xornada de competición oficial na que aínda quedan moitas cousas coas que gozar grazas ao baloncesto.

  1. Este sábado é a clausura oficial do Memorial Lorenzo de La Torre. Aí os nosos equipos minis recollerán o froito do seu traballo. Estes son os horarios e os equipos implicados: X25.2017.18-2 xuño.minis
  2. Continúa a fase de ascenso para os infantís e as infantís pechan a Copa. Á parte, viviremos un intercambio baloncestítico con CB Ponferrada. Estes son os horarios: X36.2017-2-3 xuño
  3. O domingo clausurase o baby basket coa derradeira xornada, precisamente en Peleteiro. Esta son os encontros previstos: 07.Concentración 3 xuño 2018
  4. E, finalmente, o equipo sénior recollerá o trofeo de subcampión de liga de 2ª división este domingo.

Como vedes, o basquet non para!!