Axenda da fin de semana (26-27.05.18)

Finalizadas todas as competicións, agás a fase de ascenso infantil masculina e a Copa Primavera infantil e cadete, esta fin de semana o minibásquet ten a súa clausura coa celebración das fases finais na  Estrada.

Alí estaremos representados esta tempada con dous equipos: Peleteiro Azul premini feminino e Peleteiro B mini feminino na 2ª división.

Un merecido premio para estes dous equipos despois de completar un ano extraordinario.

Estes son os horarios previstos para a xornada do sábado e, agardemos que deportivamente consigan continuar, o domingo.

  1. Horarios fases finais: Calendario fases finais sábado 26
  2. Calendario fases finais domingo 27
  3. Base: X35.2017-26-27 maio

Agora ben, xa sabemos todos que hai un equipo que non concluíu aínda a súa tempada, o infantil masculino, que deberá seguir adestrando duramento para facer un gran Campionato de España.

Sorte a todos!!