Axenda de Nadal (22 decembro – 7 xaneiro)

Páranse as competicións durante a paréntese de Nadal como tamén se detén a actividade académica. É tempo de recuperar folgos, sosego e tranquilidade. Aínda así a actividade deportiva continúa. Recollemos data a data todo aquílo ao que debemos estar atentos durante estes días:

  1. 22-23 de decembro: Concentración da selección galega infantil masculina na Estrada. Seleccionado: Miguel Gil.
  2. 26 de decembro: Torneo de Nadal Porriño. Adectado: Peleteiro cadete masculino.
  3. 27 de decembro: PDC na Estrada para xogadoras nadas no 2005. Convocadas: Alba Moure e Adriana Martínez.
  4. 27-28 de decembro: Concentración das seleccións galegas infantís e cadetes na Estrada. Seleccionados: Miguel Gil, Clara Gil e Paula Lamas.
  5. 28 de decembro: PDC na Estrada para xogadores nados no 2008. Convocados: Rocío Suárez e Nicolás Fuentes.
  6. 2-5 de xaneiro: Regreso aos adestramentos. Afectados: Todos os equipos.
  7. 3-7 de xaneiro: Campioanto de España de seleccións autonómicas cadetes en Valladolid. Seleccionadas: Clara Gil e Paula Lamas.
  8. 3-7 de xaneiro: Campioanto de España de seleccións autonómicas infantís en Valladolid. Seleccionado: Miguel Gil.
  9. 7 de xaneiro: Partido júnior feminino aprazado polo temporal. Peleteiro B – Santa Baia (Montouto, 19:00h).
  10. 8 de xaneiro: Regreso ás aulas e aos adestramentos nos horarios habituais de cada equipo.

 

Bo Nadal a todos!