Axenda especial 6-12 de decembro

Aínda que estamos perante unha paréntese académica que se abre hoxe e durará ata ata o próximo domingo día 10, a actividade deportiva non se detén de todo. A meirande parte dos nosos equipos poderán gozar dese descanso, mais algúns deles, ben porque estea establecida xornada de compeción, ben porque aprazasen ou adiantasen encontros, terán que seguir en contacto coa pista.

Esta é a xornada prevista desde este mércores día 6, ata o próximo martes 12: X15.2017-6-12 dec

Á parte disto, cómpre salientar que as preseleccións galegas terán actividade para confeccionar a lista definitiva de xogadores que acudirán ao campionato de España de seleccións autómicas, tanto en categoría infantil como cadete.

As preseleccións masculinas (infantil e cadete) disputarán un torneo en Pola de Lena (Asturias) os días 9 e 10. Por parte de ADM Peleteiro está citado o noso xogador infantil Miguel Gil.

No que respecta ás preseleccións femininas, nas mesmas datas xogarán en Zarautz (Euscadi). Á cita acudirán as nosas cadetes Paula Lamas e Clara Gil.

Asemade, a dirección deportiva da FGB, realizará unha concentraición por conferencias xeográficas (norte-sur) no seu PDC (Programa de Detección e Control) o vindeiro venres 8, nas localidades de A Estrada e Noia. Está destinado a xogadores ou xogadoras nados nos anos 2003 (cadetes), 2005 (infantís) e 2007 (minis). Nesa lista figuran as nosas xogadoras Enma Sendino (2007) e Alba Moure e Adriana Martínez (2005).

A nosa felicitación a todos os convocados.

Para os que podades descansar estes días, aproveitádeo. Agardamos que volvades que máis ilusión e ganas que nunca aos adestramentos e á actividade académica.