Axustada vitoria do Peleteiro Frutas Barreiro que lles mantén no liderato.

Encontro e resultado: C.B. Arteixo Duacode 71 Peleteiro Frutas Barreiro 78.
Competición: 2º División masculina.
Xornada: 9º
Lugar e hora: Arteixo ás 18:00.
Parciais:

20-18

20-21

Resultado ó descanso: 40-39

14-20

17-19.
5 Inicial: Ravi, Fer, Antón, Santi e Andrés.
Eliminados: –
Xogaron e anotaron: David (3), Vicario (19), Pedro (1), Carlos (8), Raviña (5), Antón (2), Mauro (1), Santi (16), Andrés (20), Chechu (1), Ramón (2).
Crónica:
Vitoria moi imporatnte en Arteixo por 71-78, nun partido, xa de por si complicado, e aínda máis tras o parón de Nadal, ao que chegabamos con poucos adestramentos enriba.
O equipo notou ao principio a falta de ritmo pero a actitude era boa e conseguiamos manternos no partido a pesar das cinco triplas convertidas dos locais. 20-18 no primeiro cuarto.
No segundo cuarto subimos a intensidade defensiva e comezabamos a recuperar as boas sensacións de xogo. A pesar de ir 5-6 puntos por debaixo, finalizando o cuarto, grazas a dúas boas accións defensivas de Álvaro e Santi recurtabamos a diferencia a un punto, 40-39.
Tras o paso polo vestiario chegaron os nosos mellores minutos de xogo. Cun gran traballo de equipo en defensa (aínda que cabe destacar a gran labor de Antón en todo o partido parando a unha das súas maiores referencias ofensivas), máis un recital de Andrés na pintura, con 8 puntos consecutivos, dabámoslle a volta ao marcador cun parcial de 2-10. Finalizando o cuarto, os arteixáns conseguían meterse de novo no partido e reducían a diferencia a 5 puntos.
No último cuarto soubemos controlar o partido aínda que os locais volvían a ter opcións de darlle a volta. De novo, os rebotes ofensivos de Santi nos daban moito aire, e Andrés desde a pintura e Vicario desde o tiro libre sentenciaban o partido. Moito mérito de todo o equipo que soubo sufrir e ter a cabeza fría nos momentos delicados do partido. Tendo en conta ademais o gran desacerto que tivemos desde a liña de tiros libres e de tripla.
Con esta vitoria conseguimos quedar líderes do grupo, desta primeira fase e pasar á fase de ascenso cunha soa derrota. O vindeiro sábado rematamos esta fase, o sábado ás 20:00 en Montouto, contra o Calvo-Artai, nun partido intrascendente de cara á clasificación pero que nos ten que servir para volver a recuperar o ritmo de xogo.