Balance da tempada 2017-18

Última etapa: o camiño segue

 A tempada 2017-18 supuxo a nivel deportivo a máis exitosa do que vai de século: tres equipos co nome do Colexio M. Peleteiro presentes nos campionatos de España: o infantil masculino, o júnior feminino e o Obradoiro Peleteiro.

A nivel xeral podemos por tante, cualificar este exericicio de extraordinario. Despois de moitas tempadas, nesta non houbo fases previas nin presión de comezo de tempada: todos os equipos de base partiron nas súas respectivas primeiras divisións e os séniores asentados tamén nas súas competicións de referencia. Isto permitiu traballar e comezar cun chisco máis de pausa e sosego ata chegar a tan marabillosa fin de singradura.

 Por seccións, cómpre destacar:

Equipos séniores

Partiu o equipo masculio en 2ª división adestrado por Fran Varelal. Este ano contou coa axuda do recén titulado Adestrador Superior de Baloncesto, Antonio Pinaque.

O equipo masculino completou un boa 1ª fase quedando no grupo A1 (os que optan ao título) e unha extraordinaria 2ª fase, cun subcampioanto que lle valeu o ascenso de categoría a demais de seguir incorporando ás súas filas novos xogadores júniores. Este ano: Carlos Pena e Ramón Blanco deron o salto.

Pola súa banda, o feminino, moi renovado e coa incorporación da júnior Carmen Pardo, pelexou ata o final con orgullo e salvou a categoría. Encomiable o traballo de Lito García, a base de paciencia e constancia.

Equipos de Base (infantís, cadetes e júniores)

Todos os equipos, como diciamos máis arriba partiron en 1ª división e os de 1º ano en 2ª. O punto de partida, con 6 equipos na máxima categoría (1ª división) supón manter o fito acadado na tempada anterior.

Abrimos tempada coa Copa Galicia júnior onde o equipo masculino Obradoiro Peleteiro logrou o primeiro éxito da tempada, o título, e o feminino acadou tamén a fase final de Baiona.

O novo sistema de competición eliminou a Copa Galicia no resto das categorías, aumentando o número de equipos ata 16 e planteando un sistema de competición moito máis esixente: rematar a primeira fase entre os catro primeiro de cada grupo para optar ao título na 2ª fase e garantir a salvación da categoría.

Este obxectivo completárono con éxito Obradoiro Peleteiro, Peleteiro júnior, Peleteiro cadete feminino, Peleteiro infantil masculino e Peleteiro infantil feminino. Todos, agás Peleteiro cadete masculino.

Na 2ª fase, para os do grupo A o obxectivo era o título, a Final A4 e o campionato de España. Premio para Obradoiro Peleteiro, campipón de liga e Campionato de España en Cáceres (6-12 maio).

Premio para Peleteiro júnior feminino, fase final en Lugo, 3º posto e campionato de España en Huelva (6-12 de maio).

Premio para Peleteiro cadete feminino, fase final en Ourense e fóra da final na prórroga.

Premio Para Peleteiro infantil, subcampión de liga, fase final e campionato de España en Marín (10-16 de xuño).

Consolación para Peleteiro infantil, 6º clasificado e finalista da Copa Federación.

Pola súa banda, o equipo cadete masculino partía no grupo B na 2ª fase. Debía ser campión de grupo para salvar a categoría. Conseguiuno rematando invicto e sendo finalista da Copa Federación.

En 2ª división, a tempada non foi menos extraordinaria. Por primeira vez volvemos a ter dous equipos júniores femininos e o masculino completou unha tempada brillante obtendo o subcampioanto de liga e coroándoa co título de Copa Primavera.

En categoría cadete, outro ano máis as esforzadas rapazas de 1º ano acabaron campioas de liga invictas e esa racha completárona na Copa facéndose co título se perder un só partido.

Na categoría infantil a alegría veu da parte do masculino que se proclamou subcampión de liga e puido vivir a fase de ascenso.

 A nivel individual cómpre salientar a presenza de Clara Gil e Paula Lamas na selección galega cadete.

Equipos de minibásquet

Contamos este ano con 11 equipos (6 masculinos e 5 femininos) aos que se sumaron os dous de Baby Basket, en total 13. Unha nutrida base que garante o futuro das categorías superiores.

Os dous equipos A minis (masculino e feminino) partiron na 1ª división onde fixeron un papel brillante o masculino, estando a piques de meterse na fase final, e discreto no caso de feminino, quedando relegado na 2ª fase ao grupo B.

 A eles sumáronse os preminis Peleteiro Azul masculino e Peleteiro Azul feminino  que despois dunha gran fase zonal obtiveron praza para a Liga FGB. Rematada a mesma, o feminino tamén se clasificou para a fase final. Tamén aquí estamos entre os mellores de Galicia.

Fomos tamén protagonistas nas competicións zonais, cos outros sete equipos o que derivou na nosa presenza na clausura do Memorial Lorenzo de la Torre: Peleteiro B feminino, campión, e  e Peleteiro Azul masculino, subcampión e Peleteiro Azul feminino, campión.

Ámbito institucional

Continuamos coa nosa intensa colaboración coa Federación Galega o que nos permitiu acoller a VI Xornada de Harmonización do Minibásquet Galego con notable éxito como vén sucedendo nos últimos anos.

A isto súmase a posta en marcha do proxecto CAD en colaboración entre ambras entidades que dará lugar na primeira fase ao título académico de Ciblo Inicial de Grao Medio en Baloncesto.

Todo isto non sería posible sen a dedicación de todos os nosos adestradores coordinados por Ana Martínez (minibásquet), David Pérez (feminino) e Víctor Fernández (masculino). A eles súmase o traballo cos equipos séniores de Carlos Millán.

 Despedida

A nivel social vivimos a despedida de quen isto escribe despois de 14 anos ininterrompidos como adestrador, coordinador de base, delegado equipo, coordinador xeral, secretario, comnuniy manager, fotógrafo, etc., etc.

O venres 15 de xuño a dirección do Colexio, a directiva da ADM Peleteiro e todos os adestradores da actual tempada xuntáronse a carón dunha mesa para, por sorpresa, agradecer (agradecerme) todo este tempo.

Isto supón tamén a miña despedida como cronista oficial do acontecer deportivo nos últimos anos. Como dicía o poeta catalán: “Dicen que las despedidas non son tristes; dile al que te lo dijo que se despida.”

Díxoo D. Luis Peleteiro ese día 15 ao facerme a pregunta de que botaría máis de menos: Peleteiro a Luís Rilo ou Luís Rilo a Peleteiro.

A resposta é obvia… Isto é a fin dunha etapa, pero o camiño debe seguir. Botarei moitas cousas de menos, pero lévovos na memoria por sempre e no corazón día a día. E marcho co meu mellor trofeo que recollín, sen ningunha dúbida, nestes 14 anos.

O recoñecemento continuou a pasada semana na clausura do Campus, sumando á lista de “trofeos” a camiseta de recoñecemento final. Graciñas a todos!!!

 

 A próxima tempada máis e, se pode ser, mellor.

Luís Rilo

Coordinador Xeral Baloncesto

2004-2018

ADM Peleteiro