Bo partido, a pesar das diferencias, o vivido en Montouto entre o noso Infantil B e Compañía

Encontro e resultado: Peleteiro B 30 – Compañía de María 77

Competición: 2ª división infantil masculino

Xornada: 13ª xornada

Lugar e hora: Pav. Montouto, domingo 10/02/19, 12 :00horas

Parciais:

8-18

7-23

Resultado al descanso: 15- 41

5-24

10/12

5 Inicial: Manuel Alfonsín, Ignacio Uribarri, Esteban Varela, Martín Teo, Iván Rodríguez

Eliminados:

Xogaron e anotaron: Lucas Míguez 6, Martín Carballal 6, Manuel Alfonsín 9, Ignacio Uribarri 3, Esteban Varela 5, Martín Teo 1, Iván Rodríguez

Ausencias e motivo: Alexandre Varela, Telmo Cobo, Juan Cruz, Santiago Rodríguez

Crónica:

Recibíamos a Compañía de María, nun encontro que a pesares das diferenzas en pista ámbolos dous realizaron un bonito encontro levándose Compañía a vitoria.

Sabedores da superioridade do rival e con tan so 7 xogadores, entre eles 2 minis, Lucas e Martín, as rotacións foron constantes, intentábamos impoñer o noso ritmo de xogo, chegábamos sen apenas oposición por parte de Compañía a campo de ataque onde empezábamos a ter series dificultades ante unha defensa intensa que nos facía esforzarnos o máximo para anotar. En defensa a diferenza física era notable e os colexias a pesares de intentar frear o rival, apenas ofrecían resistencia que axiña conseguía unha ampla diferenza no marcador chegando o descanso cunha diferenza de 26ptos.

Na segunda metade Compañía saíu presionando a toda pista, o que aproveitamos para poñer en práctica a nosa saída de presión, pero as imprecisións nos pases facía difícil superala.

Pouco a pouco os colexiais corrixiron erros e con traballo e esforzo conseguían superar a presión tendo opcións de anotar en contadas ocasións.

No último cuarto e co partido xa decantado para Compañía, xa non presionaban tanto, aproveitando nos para dar renda solta a súa iniciativa conseguindo anotar canastras que eran respondidas rapidamente polo rival.

Ao final un partido emocionante na pista onde os colexiais traballaron intensamente aspectos que nos veñen moi ben para futuros encontros.

Moi notable a deportividade e respecto que mostraron ambos equipos perante todo o encontro.