Boa vitoria do infantil feminino B pese a contar con só 6 xogadoras

Encontro e resultado: FISIOTERAPIA CINESIA CBPS 46 PELETEIRO B  51

Competición: 2ª DIVISIÓN INFANTIL FEMENINO

Xornada: 11ª

Lugar e hora: DOMINGO 10 DE MARZO 2019 as 17:00

Parciais:

6-8

8-12

Resultado o descanso: 14-20

13-19

19-12

5 Inicial: LAURA, ALEJANDRA, MENCÍA F., SOFÍA e CAROLINA

Eliminados: SEN ELIMINADAS

Xogaron e anotaron: ALEJANDRA, LAURA, MENCÍA FRANCO, MENCÍADOÑATE, SOFÍA, CAROLINA

Crónica:

O equipo infantil feminino de 2º ano recuperaba o partido aprazado da xornada 11ª visitando a sempre difícil cancha do CB. Porto do Son que segue algo minguado. Nos chegábamos aínda con máis baixas e sen posibilidade de completar a convocatoria con xogadoras Minis por coincidencia de horarios.

O equipo saltou á pista mostrando carácter e intensidade. Traballaba ben en defensa pero en ataque custáballe concretar na canastra rival. Aínda así pechaba o 1º cuarto por diante (6-8).

No 2º cuarto continuou a mesma dinámica. A nosa defensa dificultaba o ataque das sonensespero en ataque non eramos quen de aproveitara a superioridade no rebote. A 4ª falta de Mencía Doñate complicábanos aínda máis a situación pechándose o cuarto con 8-12 (14-20).

Despois do descanso xogamos os mellores minutos do partido. As 6 xogadoras derrochaban solidariedade e esforzo en defensa e aínda tiveron forzas para poder aportar TODAS en ataque o que nos permitía ampliar a vantaxe (13-19).

Esperábamos a reacción local  como así foi. Ao noso equipo pasáballe factura o esforzo e comezamos a cometer erros que aproveitaban as locais para achegarse ao marcador pero as nosas xogadoras aínda tiveron a coraxe de dar algo máis e un par de boas defensas nos permitían anotar e manter a vantaxe. Nos últimos minutos a mala xestión dos nosos ataques permitiu as sonenses achegarse outra vez ao marcador pero non había tempo para máis. Vitoria final 46-51.

Espectaculares as 6 xogadoras que disputaron o encontro que tiveron o premio da vitoria. Parabéns e que lles serva para coller confianza e seguir traballando.