Brillante clausura do Memorial Lorenzo de la Torre

Este sábado 2 de xuño procedeuse no pavillón do Restollal á clausura da tempada de minibásquet na Delegación de Santiago, o coñecido Memorial Lorenzo de la Torre.

A esta clausura, patrocinada polo Concello de Santiago, acoden anualmente os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías de minibásquet e preminibásquet: masculina, feminina e mixta.

Por parte de ADM Peleteiro obtiveron medalla e trofeo por estaren entre os tres primeiros, Peleteiro B mini feminino, Peleteiro Azul preminino masculino e Peleteiro Azul premini feminino.

O acto de entrega dos galardóns, despois dos habituais partidos de exhicición entres campión e subcampión no que participaron os nosos tres equipos, estivo presidido por José M. Castelao en representación da Federación Galega de Baloncesto e por Noa Morales, concelleira de Deportes.

Con este acto clausúrase a tempada 2017-18 a nivel competitivo. Agardamos xa con impaciencia a próxima. Grazas a todos por participar.

Unha selección das imaxes da mesma podedes atopalas xa seguindo esta ligazón.

Agardamos que vos gusten.