Calendario de Xogo do Peleteiro Frutas Barreiro na 2ªDivisión Autonómica Masculina

Na tarde de onte mércores realizouse o sorteo da 2ª División Autonómica masculina. Esta tempada a competición terá o seguinte formato:

Primeira Fase:
Os 12 equipos dividiranse en dous grupos de SEIS cada un (Norte e Sur) distribuídos por proximidade xeográfica (10 xornadas).
Segunda Fase:
Os equipos clasificados do 1º ao 3º de cada un dos grupos formarán un grupo (A-1) de seis equipos e xogarán polo título, e os clasificados do 4º ao 6º conformarán outro grupo (A-2) e xogarán polo descenso. O formato de competición será liga regular (10 xornadas).

Finais: 19/04/20
Os catro primeiros clasificados do grupo A-1 xogarán a fase final polo titulo de Liga da 2ª División Masculina

1º A-1 – 4º A-1 (1)
2º A-1 – 3º A-1 (2)
Gañador 1 – Gañador 2 (1º-2º posto)
Os equipos que disputen a final conseguirán o ascenso a 1ª División Masculina.
Clasificación Final
A Fase Final A, establecerá os 4 primeiros clasificados da competición sendo a 1º o que ostentará o título de Campión Galego.
Os demais postos estableceranse segundo a clasificación da Liga regular.
Para designar as sedes destas Fases a FGB a través do seu Comité de Actividades emitirá unha circular para a organización das mesmas.

ASCENSOS E DESCENSOS
Ascenderá a 1ª División Sénior Masculina os dous primeiros equipos clasificados na fase final.
Descenderá a Liga de 3ª División Sénior Masculina o equipo clasificado no posto 12º . Se descendese un equipo máis da 1ª División Masculina o fará o do posto 11º, e así sucesivamente se os descendidos fosen máis.

O noso equipo, o Peleteiro Frutas Barreiro quedou encuadrado no Grupo Norte xunto a:

Compañía de María De Santiago, Calvo Artai de Carballo, Santo Domingo Betanzos, CB Arteixo Duacode e ADB Fontiñas De Santiago de Compostela.

A competición comenzará o vindeiro 19 de Outubro e faremos o debut na casa do Santo Domingo Betanzos.

Deixámosvos o calendario de competición esta primeira fase:

 

Continuidade do Patrocinador

A empresa compostelana Frutas Barreiro continuará unha tempada mais como patrocinador principal do noso equipo Senior dándolle así o seu nome ó equipo: Peleteiro Frutas Barreiro.

Esta será a segunda tempada de Frutas Barreiro apoiando o noso proxecto deportivo e dende aquí queremos transmitirlle a nosa gratitude pola confianza depositada neste grupo de xogadores.