Calendarios dos equipos cadetes

A semana tamén nos trouxo o sorteo das competicións cadetes, masculina e feminina, 1ª e 2ª división.

A novidade esta tempada é que a competición cadete de 1ª división aplica o sistema levado a cabo na competición infantil na tempada 2016-17: entran en xogo 16 equipos, divídense en dous grupos (norte e sur) para a primeira fase. Rematada esta, os catro primeiros de cada grupo únense para xogar polo título e as prazas para o campionato de España.

Os outros 8 conformarán un grupo para salvar a categoría, no que descenden os seis últimos. Como vemos, un sistema esixente.

Estes son os calendarios das diferentes competicións e os específicos dos nosos equipos:

06.Calendario Peleteiro cadete masc. 1ª fase

06.Calendario liga 1ª div. masc. Norte

07.Calendario liga Peleteiro B masculino

07.Calendario liga 2ª div. cadete masc. GA

08.Calendario Peleteiro cadete fem. 1ª fase

08.Calendario liga 1ª div. feminina Norte

09.Calendario liga Peleteiro B feminino

09.Calendario liga 2ª div. cadete fem

Como ben sabedes, as ligas de 1ª división xa principian esta fin de semana. En 2ª división farano a próxima.

Sorte a todos nas súas respectivas competicións.