Calendarios de minibásquet e preminibásquet de 2ª división

A pasada semana celebrouse nos locais da Federación Galega de Baloncesto a reunión para a posta en marcha da competición zonal e a pertinente elaboración de calendarios. Finalmente entre esta fin de semana e a próxima (18-19 de novembro) comezarán a rodar os nosos 9 equipos de minibásquet: 4 de minis (2 masculinos e 2…

Xa temos calendarios para todos os equipos infantís

Desde a pasada semana coñecemos os calendarios dos nosos dous equipos que competirán en 1ª división. Adiouse o comezo da competición por mor da celebración dun torneo infantil por parte das preseleccións galegas. Comezarán a competir esta semana. Os dous están encadrados no grupo norte. E desde esta semana coñecemos tamén os rivais dos dous…

Calendarios dos equipos cadetes

A semana tamén nos trouxo o sorteo das competicións cadetes, masculina e feminina, 1ª e 2ª división. A novidade esta tempada é que a competición cadete de 1ª división aplica o sistema levado a cabo na competición infantil na tempada 2016-17: entran en xogo 16 equipos, divídense en dous grupos (norte e sur) para a…

Os equipos júniores xa teñen calendarios de competición

Semana frenética en canto a elaboración de calendarios e comezo de competición. Sen solución de continuidade, rematou a Copa Galicia júnior e o pasado luns procedeuse ao sorteo dos calendarios de competición das ligas de 1ª e 2ª división. Afecta a tres dos nosos equipos e a dous deles correspondíalles xa principiar a competición esta…

Comeza a competición sénior para Peleteiro

Esta fin de semana comeza a competición na 2ª división sénior masculina. Peleteiro parte unha tempada máis coa batuta de Fran Varela, axudado polo debutante en categoría e titulación, Antonio Pinaque e nas funcións de delegado por Rubén Gerpe. O grupo de veteranos que sosteñen o equipo (Fernando Vicario, Fran Soriano, David Pazo e Álvaro…

Os nosos equipos de minibásquet xa teñen calendario

Como informamos no seu día, ADM Peleteiro estará presente un ano máis por dereito propio nas ligas galegas (1ª división) de minibásquet na tempada 2017-18 cun equipo masculino e cun equipo feminino. No día de onte procedeuse ao sorteo de grupos e calendarios da primeira fase de competición que comezará a fin de semana do…