Chegamos ao ecuador do Campus coa tradicional visita de Fernando Romay

Seguimos co día gris e unha climatoloxía marabillosa para poder adestrar. Os 170 asistentes seguen traballando, descansando e divertíndose.

Hoxe os protagonistas foron os concursos de habilidade técnica dos cales tedes unha fermosa selección de imaxes na galería do Campus e a visita de Fernando Romay.

Acudía por 17ª ocasión ao noso Campus Fernando Romay. A súa visita segue sendo un clásico, mais non por iso menos agardada polos asistentes. Nesta ocasión foio o director do Colexio M. Peleteiro, D. Luis Peleteiro, o que lle fixo entrega do agasallo pola súa visita. O tradicional prato da ADM Peleteiro recibiuno de mans de Mario Seijo.

Xa podedes ver unha selección das imaxes da xornada de hoxe, por parte do noso fotógrafo de cabeceira seguindo esta ligazón.

Mañá, agardando que o tempo nos siga acompañando, penúltima xornada. Recibiremos a visita do obradoirista Pepe Pozas.

A descansar. Vémonos mañá!