Cinco colexiais presentes na xuntanza premini de Noia

O pasado domingo 17 de xuño celebrouse na vila de Noia a tradicional Xuntanza de preminibásquet que pon fin á tempada.

Ao longo de toda xornada concentráronse alí as sete seleccións zonais correspondentes a outras tantas delegacións da Federación Galega de Baloncesto á que se sumana unha selección galega.

Nas seleccións correspondentes á Delegación de Santiago estiveron presentes cinco dos nosos xogadores.

Na masculina os nosos seleccionados foron:

Nicolás Fuentes e Lois Martínez

e na feminina:

Nerea Cereijo, Rocío Suárez e Coral Vázquez.

Extraordinaria experiencia que demostra que os peques veñen pisando forte e o relevo xeracional vai por bo camiño. Parabéns para todos eles pola experiencia.