Comeza a 2ª fase para os infantís e xa teñen calendarios

Sen solución de continuidade e rematada a 1ª fase a pasada fin de semana, esta comeza xa a segunda.

Os nosos dous equipos infantís fixeron os deberes e xa salvaron a categoría. Agora estarán no grupo dos mellores, os que aspiran ao título e ao campionato de España. Non o terán doado porque se arrastran os resultados da primeira fase, pero non renuncian a nada.

O equipo masculino compartirá grupo A1 con Culleredo, Rosalía e Estudaintes, aos que xa se enfrontou. Agora súmanse os catro primeiros clasificados do grupo sur aos que terá que medirse nesta segunda fase: Seis do Nadal, PBBA, CB Tui e Bosco Salesianos.

Pola súa banda, o equipo feminino, farao con Estudiantes, Culleredo e Maristas do seu propio grupo norte. Agorá xogará contra CB Allariz, Seis do Nadal, Bosco Salesianos e Celta.

Este sábado abren a competición os dous equipos na casa medíndose a Seis do Nadal (masculino) e Allariz (feminino) mercé a un cambio de orde por mor da viaxe á neve das nosas xogadoras o domingo.

Estes son os calendarios:

10.Calendario liga infantil masc. A1 (2ª fase)

12.Calendario liga 1ª div. infantil fem. A1 (2ª fase)

10-12. Calendarios Peleteiro infantil 2ª fase

Sorte e a por todas!!