Comeza a competición!

Esta fin de semana arrancamos xa a competición.

Os encargados de levantar o telón son os dos equipos junior.

As rapazas adestradas por Nacho Varela teñen o primeiro encontro da Copa Galicia, reciben o domingo a Compañía de María de Vigo en Montouto ás 19 da tarde. Esta será a primeira xornada da Copa Galicia no que as nosas trataran de conseguir unha praza na Final a 4. Para elo loitarán no grupo B, no que ademáis das de Vigo tamén se atopan: CLB de Vilagarcía e Basquet Coruña.

No grupo A están Ensino de Lugo, Estudiantes de Lugo, Rosalía Pio XII e Celta de Vigo.

Pola sua parte o equipo Junior Masculino, adestrado por Lalo Foira visita a Vila de Noia para medirse os anfitrións: o CB NOIA Paco´s Moda na loita por unha praza que les permita competir na 1ª División Junior Masculina, será este sábado ás 10:00 da maña.

Os nosos juniors están no grupo D cos de Noia e con Marin PeixeGalego.

Sorte os nosos dous equipos junior e que poidan comenzar con bo pe a tempada.