Comeza a competición sénior para Peleteiro

Esta fin de semana comeza a competición na 2ª división sénior masculina. Peleteiro parte unha tempada máis coa batuta de Fran Varela, axudado polo debutante en categoría e titulación, Antonio Pinaque e nas funcións de delegado por Rubén Gerpe.

O grupo de veteranos que sosteñen o equipo (Fernando Vicario, Fran Soriano, David Pazo e Álvaro Raviña) conta esta tempada cunha sensible baixa: os anos e as lesions obrigaron a Aitor Seoane a dicir adeus á competición. Desde aquí só nos queda agradecer o seu compromiso destas últimas tempadas. Quédanos a satisfacción de contar co relevo por parte do seu fillo en baby basket. Hai madeira!

O grupo xa se fora rexuvenecendo estes últimos anos con Pedro González Piñeiro, Brais Domínguez e Carlos Nogueira. A eles súmanse agora dous júniores que estrean categoría: Carlos Pena e Ramón Blanco. O primeiro procede do noso equipo júnior e o segundo regresa á casa despois da súa experiencia en Obradoiro Peleteiro.

O equipo está encadrado no grupo norte. A baixa máis significativa na competición é a non presenza de La Salle despois de moitos anos. Queda só Compañía de María acompañando a Peleteiro na categoría como representantes santiagueses.

Na primeira xornada enfrontaranse precisamente estes dosu equipos.

A próxima semana tocaralle quenda ás séniores. Deixámosvos os calendarios dos dous equipos:

01.Calendario 2ª división masc. norte

02.Calendario 1ª aut. feminina

01-02.Calendarios Peleteiro sénior