Comeza a Jamboree de minibásquet coa presenza de Peleteiro masculino

O minisbásquet en Galicia pon sempre punto e final á tempada coa celebración da tradicional Jamboree para equipos de toda España. Este ano chega á súa quinta edición e ADM Peleteiro estará presente un ano máis, nesta ocasión só co equipo masculino adestrado por Narciso Varela.

Durante os días 27, 28, 29 e 30, no pavillón do Restollal competirán 11 equipos masculinos distribuídos en dous grupos. Peleteiro está integrado no grupo A xunto con Estudiantes de Lugo. Seis do Nadal de Vigo, Bosco Salesianos de Ourense e CD Enrique Soler de Melilla.

Os colexiais debutan este mércores 27 ás 9:30. Este é o calendario completo de competición: CALENDARIO V JAMBOREE MINIBASKET DEFINITIVO

E este o de Peleteiro:

Data Hora Encontro
Mércores 27 9:30 Peleteiro – Seis do Nadal
16:00 Bosco Salesianos – Peleteiro
Xoves 28 18:00 Peleteiro – CD Enrique Soler
Venres 29 9:30 Estudiantes – Peleteiro

 

O venres pola tarde e o sábado pola mañá xogaranse os cruces clasificatorios.

Unha nova experiencia para os nosos minis. Agardamos que a aproveiten e a desfruten.