COMUNICADO OFICIAL BALONCESTO PELETEIRO TEMPADA 20/21

A ADM Peleteiro comunicoulle a semana pasada de forma oficial á Federación Galega de Baloncesto, a nosa decisión, tomada xunto á dirección do Colexio Manuel Peleteiro, de non participar nas diferentes competicións en idade escolar, tanto a nivel local como a nivel autonómico na presente tempada ante a pandemia que estamos a vivir e a incidencia que ten o COVID actualmente na sociedade.

O plantel do equipo senior masculino Peleteiro Frutas Barreiro que militaba na 2ª División Autonómica Masculina tamén nos transmitiu a sua decisión de non competir o longo desta tempada.

De este modo o único equipo que participará esta tempada en competicións oficiais será o senior feminino, o Peleteiro Hyupersa Santiago que debutará na 1ª División Nacional Feminina.

Non é unha decisión sinxela, nin nos gusta ter que tomala, pero entendemos que é o correcto no momento actual.

O clube non parará xa que seguiremos adestrando, con toda a precaución posible, a espera dunha melloría da situación sanitaria.