Convocatoria da Federación Galega para os máis pequenos

Este sábado volver a Santiago o formato “Xuntanza”, unha nova convocatoria para esta actividade programada pola área deportiva FGB co obxectivo de seguimento e avaliación dos xogadores e xogadoras máis novos.

Esta primeira edición da “xuntanza” da presente temporada oriéntase á categoría Minibasket, contando con oito combinados de xogadores e outros tantos de xogadoras pertencentes ás sete delegacións zonais FGB, máis un combinado autonómico, denominado “Galicia 2009”; convocado para a ocasión. Todos, pertencentes a diferentes clubs da nosa Comunidade Autónoma.

Serán un total de 80 participantes que se den cita no Pavillón do Restollal, sede xa habitual para esta actividade. Na mesma, desputaranse dous encontros por cada equipo, buscando crear un escenario alonxado da pura competición pero axeitado para a observación dos xogadores por parte dos colaboradores técnicos FGB.

Estes son os nosos convocados:

  • Nicolás Fuentes Prado (categoría minibasket masculina)

Tamén forón convocadas:

  • Nerea Cereijo Suárez
  • Rocío Suárez Lafuente
  • Coral Vázquez Rivas

Ainda que elas non poderán acudir por atoparse de intercambio en Irlanda e coincidirlle a Nerea co Campionato de Xedréz.

Este é o horario de encontros por se algún está interesado en acudir