Debut con mal pe dos infantís na Copa Primavera

Encontro e resultado: Liceo Noia 63 – Peleteiro B 30
Competición: Copa Primavera 2ª división infantil masculino
Xornada: 1ª xornada
Lugar e hora: Pav. Alonso Rodríguez, domingo 12/05/19, 12:00horas
Parciais:

10-8

11-6

Resultado ó descanso: 21-14

26-9

16-7
5 Inicial: Telmo Cobo, Manuel Alfonsín, Juan Cruz, Martín Teo, Santiago Rodríguez
Eliminados: Alexandre Varela, Manuel Alfonsín
Xogaron e anotaron: Alexandre Varela, Telmo Cobo 6, Manuel Alfonsín 13, Juan Cruz, Ignacio Uribarri 3, Esteban Varela 2, Martín Teo, Santiago Rodríguez 6, Iván Rodríguez
Ausencias e motivo: –
Crónica:
Primeiro partido da Copa Primavera con desprazamento ata a vila de Noia nun partido moi competido polos colexias na primeira metade e que se decidiu no inicio do terceiro cuarto para os locais, no que a lesión de Estaban Varela, preocupou perante o resto do encontro os colexiais.
A pesares de levar unhas xornadas sen competir os colexialas realizaron unha primeira metade extraordinaria, moi centrados no encontro, a defensa era moi intensa dificultando as accións dos locais, dominabamos os rebotes conseguindo saír con rapidez o contraataque, finalizando
rapidamente, parando e xogar con tranquilidade cando as circunstancias o requirían, non dominando no marcador pero a diferenza que conseguían os locais non era o suficientemente grande para des motivar os colexiais.
No terceiro cuarto, a lesión no ombro de Esteban provocaba unha preocupación enorme entre os colexiais que tentaban centrarse no xogo e continuar loitando por tentar reducir a diferenza pero a concentración pasaba factura e as ideas en atue e a intensidade en defensa ía decaendo
pasando a dominar o encontro o Liceo Noia.
No derradeiro cuarto os colexiais en defensa comezaban a fraquear, a intensidade baixaba e os colexiais apenas opoñían resistencia, os locais presionaban a toda pista, dificultando o avance, o xogo colectivo reducise o máximo con un pase o máximo xa tentabamos buscar a
canastra do rival pero apenas encontraban espazos para penetrar, pero non por elo deixaron de intentalo.
A derrota neste encontro e secundaria; o primordial e que Esteban se recupere.
Seguiremos traballando, esforzándonos e mellorado.