Derradeira xornada do XXVII CAMPUS de Baloncesto Peleteiro

Hoxe vivimos a última xornada do CAMPUS. Esta mañá aos nenos e nenas xa se lles vía que estaban bastante cansos, toda unha semana de adestramentos, xogos, competicións e moito baloncesto facía efecto nos seus corpos. Aínda así leste era o día que todos estaban a esperar. Disputar as finais de 3×3, 5×5, os concursos de tiro…etc A mañá empezou co último adestramento de cada grupo. Esta tempada xa non volveriamos adestrar cos seus novos compañeiros. Pola mañá sucedéronse os All Star Mini e Infantil, con xogadas espectaculares dos máis pequenos do CAMPUS e como non tamén dos medianos. Despois de comer empezaron as GYMKANAS, numerosas probas que se desenvolveron ao longo e ancho das instalacións do Colexio Manuel Peleteiro. Ao finalizar as Gymkanas, os xogadores Cadetes deleitáronnos cun espectacular concurso de mates que empezou cun nivel altisimo pero que se foi complicando a medida que avanzaba e tivemos que recorrer ao desempate para coñecer ao gañador. O penúltimo acto do día foi o ALL STAR dos cadetes contra os adestradores e axudantes do CAMPUS, que un ano máis se decantou a favor dos adestradores con algo de incerteza ao final. Unha vez concluídas todas as probas chegaba o momento especial do día, no que todos e cada un dos asistentes ao CAMPUS subían ao escenario para recoller os diplomas e numerosos agasallos que obtiveron pola súa participación nas distintas probas que realizaron ao longo da semana. Concluímos así unha nova tempada dun CAMPUS que sempre nos despide cun sorriso enorme dos nenos tras pasar unha semana enteira dedicada á súa paixón, o baloncesto.

Galería de fotos da xornada: