Derradeiro fin de semana de calma nas canchas

Esta fin de semana so teremos un encontro.

O noso equipo da 1ª División Nacional Feminina o Peleteiro Hyupersa Santiago recibe na casa ó Codigalco Carmelitas Ourense no partido correspondiente á 4ª xornada de liga.

O equipo Ourensá é un dos principais favoritos da liga, coa presencia esta tempada dunha xogadora determinante a nivel nacional como é Regina Gómez e que ademáis conta no seu plantel con duas xogadoras con pasado en Peleteiro: Ana María González e Ruth Iglesias.

O encontro disputarase o domingo 10/10/21 ás 17:00 no pavillón de Montouto.

Esta será a derradeira fin de semana antes de que comecen a xogar o resto dos equipos do colexio, xa que na vindeira fin de semana xa comezan a competir os equipos cadetes e juniors. Así que aproveitade para recargar pilas na ponte que comezan as fins de semana de baloncesto!