Duelo entre amigos Peleteiro B – Peleteiro C Infantil Masculino

 

Encontro e resultado: Peleteiro B 13 – Peleteiro C 63
Competición: 2ª división infantil masculino
Xornada: 7ª xornada
Lugar e hora: Montouto, domingo 02/12/18, 10:00horas
Parciais:

0-14

5-19

Resultado al descanso: 5-33

5-24

3-6

5 Inicial: Alexandre Varela, Telmo Cobo, Juan Cruz, Esteban Varela, Martín Teo
Eliminados: –
Xogaron e anotaron: Alexandre Varela, Telmo Cobo 2, Manuel Alfonsín 1, Juan Cruz 2, Ignacio Uribarri, Esteban Varela, Martín Teo 5, Santiago Rodríguez 3, Iván Rodríguez
Ausencias e motivo: –

Crónica:
Derby local en Montouto entre os dous equipos infantís B e C, nun partido disputado entre compañeiros no que o equipo do Peleteiro C conseguiu levarse a vitoria.
Partido moi especial para ambos equipos, onde o respecto e a deportividade dominou perante todo o encontro.
Peleteiro C dominou de principio a fin o encontro, no que a fortuna non estivo da parte do Peleteiro B.
Comezabamos xogando a bo ritmo, con boas sensacións en ataque mais as opcións de anotar non eran aproveitadas e os fallos castigaban os colexiais do B non conseguindo anotar neste primeiro cuarto, mentres que o Peleteiro C aproveitou as oportunidades que Peleteiro B lle
brindou a pesares de realizar unha boa defensa, e anotar 14pts.
No segundo cuarto os colexiais locais conseguían anotar aproveitando o lanzamento de tiros libres, nos que un baixo porcentaxe de acerto prexudicounos, mentres que os compañeiros do C seguían imparables en ataque e moi firmes en defensa, complicándolle o ataque o Peleteiro

B.

No terceiro cuarto o equipo local tentou de mellorar a defensa pero viámonos superados nos contraaques do Peleteiro C non sendo o suficientemente eficaces para defendelos conseguindo un parcial de 5-24 neste cuarto.

No derradeiro cuarto, os locais a pesares de non poder loitar pola vitoria, saíron co obxectivo de non ser derrotados por unha diferenza superior a 50 ptos mentres que o Peleteiro C seguía co seu ritmo de xogo que lle beneficiou perante todo o encontro.

A pesares da diferencia no marcador, partido moi intenso entre compañeiros no que a deportividade estivo presente ao longo do partido.
Gran esforzo realizado polos colexiais, no que os retos persoais e colectivos mostraron un equipo competitivo e unido.