Dura derrota para o infantil feminino C que ainda non chegara das vacacions de nadal

Encontro e resultado: PELETEIRO C 24 – C.B. LICEO NOIA 59
Competición: 2ª DIVISIÓN INFANTIL FEMENINO
Xornada: 7ª
Lugar e hora: PAVILLÓN DE MONTOUTO. DOMINGO as 12:00
Parciais: 4 – 22// 5 – 8// 13 – 18// 2 -11//
5 Inicial: INÉS, LUCÍA E., LUCÍA V., LUCÍA F. e NURIA
Eliminadas: SEN ELIMINADAS
Xogaron e anotaron: INÉS, LUCÍA ESTRAVIZ, LUCÍA VILLARQUIDE, ADELA, NURIA, ISA, FÁTIMA e LUCÍA FOIRA
Crónica:
Volvíamos á competición despois das vacacións de Nadal que sempre pasan factura pola falta de actividade e de asistencia aos adestramentos voluntarios pero nesta ocasión dita factura foi máis alta do esperado.
Dende o salto inicial os erros foron continuos sobre todo nos básicos do equipo o que aproveitaban as de Noia para anotar con facilidade. Perdas de balón na saída, pases que nunca chegaban ao seu destino, escasa intensidade defensiva, violacións continuas de pasos, driblings incorrectos,.. Todo isto ante un equipo moito máis físico, concentrado e intenso non podía dar outro resultado que uns parciais de 4 – 22 no 1º cuarto e 5 – 8 no 2º cuarto chegándose ao descanso con unha clara desvantaxe de 9 – 30.
No 3º cuarto o equipo comezou a parecerse algo ao que non fai tanto tempo foi. A pesar do dominio do rebote das visitantes, a mellora na actividade defensiva, as áxiles saídas en transición e unhas mellores lecturas en ataque facían que o equipo competise (13-18).
No derradeiro cuarto coas xogadoras bastante cansadas foi un querer e non poder pero polo menos o equipo traballou e intentou competir.
Dura derrota que nos fai volver á casiña de saída logo duns meses de intenso traballo que comezaba a dar os seus froitos. Esperemos que polo menos nos sirva para entender que no traballo diario nos adestramentos está a esencia do noso equipo.