En marcha a XXVI edición do Campus de Baloncesto

Tal como estaba previsto, este luns 25 de xuño, gris e por momentos poallento, abriu as súas portas a edición 2018 do noso campus de baloncesto co cal pechamos a tempada 2017-18.

Dende hoxe luns e ata o venres 29, o Colexio M. Peleteiro a as súas instalacións deportivas acollerán aos 170 inscritos distribuídos en 14 equipos baixo a dirección de Pepe Casal e a coordinación loxística de Ana Martínez.

Un ano máis con éxito de participación como podedes comprobar xa nas primeiras imaxes dispoñibles.

Ao longo de 5 días intensos un nutrido grupo de adestradores, monitores e axudantes atenderán as ganas de aprender, mellorar e perfeccionar as habilidades técnicas destre marabilloso deporte, chamado baloncesto. Sen esquecer, claro, o tempo para a conivencia, o lecer ou a piscina.

Agardamos que todos gocen un ano máis.

Deixamos xa a primeira galería de imaxes desta xornada na seguinte ligazón.