Esta vez o derby levouno Compañía

Encontro e resultado: Peleteiro Frutas Barreiro 61- Compañía 67.
Competición: 2º División masculina.
Xornada: 9º Liga Regular.
Lugar e hora: Montouto, sábado ás 18:00.
Parciais: 13-21//06-11//17-17//25-18.
5 Inicial: Pedro, Antón, David, Soriano e Carlos.
Eliminados: Pedro e Pablo Míguez.
Xogaron e anotaron:

David Pazo (10), Soriano (2), Antón (6) Pedro (13), Carlos Nogueira (7), Sergio F. (3), Mauro (1), Pablo Míguez jr.(10), Ferrán jr. (1), Antón Moure jr. (2), Mario Padrón (6), Ramón (non xogou), Raviña (non xogou), , Vicario (non xogou).

Crónica:
Tras o parón de Nadal retomamos a competición co derbi ante Compañía de María. A boa nova e que chegabamos ao partido con 11 xogadores dispoñibles. Ramón, Fer e Raviña non xogaron pero completamos a convocatoria cos xa junior habituais Pablo e Ferrán e uníanse tamén os dous juniors e canteiráns do Obra-Peleteiro, Mario Padrón e Antón Moure (que esperemos sigan tendo continuidade no equipo). Polo lado negativo estaba a falta de entrenos e de calidade que xa arrastrabamos desde decembro e que á larga foi o que nos impediu levarnos o partido.
Os dous primeiros cuartos foi de dominio total dos de Cía con moita máis intensidade e ritmo. Por riba a acumulación de faltas nos lastraba demasiado. Tras o descanso subimos a intensidade e concentración. En consecuncia un gran parcial a favor e recortabamos a diferencia a tres puntos. Pero nos últimos minutos do cuarto os visitantes lograban penalizar os nosos erros e de novo collían unha cómoda diferencia.
No último cuarto chegaron os nosos mellores minutos. Conseguimos poñernos a 4 puntos por dúas veces e con posesión nos últimos minutos pero desaproveitamos os balóns,  e os de Manuel conseguiron manter a diferencia e levarse o partido.
Para a vindeira semana xogamos de novo na casa contra o San Cibrao e esperemos aproveitar ben a semana de entrenos para volver a coller a forma e deixar a vitoria na casa.