Fantástica vitoria do Infantil Masculino B que non deixa de evolucionar

Encontro: LA SALLE 42 – PELETEIRO B 58
Lugar e hora: PABILLÓN COLEXIO LA SALLE. SÁBADO 14/12/19 ÁS 16:00
Resultado final: 42 – 58
Parciais :
6-17
14-12
Resultado ó descanso: 20-29
10-9
12-20
XOGARON E ANOTARON:
ALEXANDRE (2), JUAN (2), TELMO (12), JAVI (2), ANGEL (13), ESTEBAN (5), SANTI (3), IVÁN (4), JACOBO (0), ÁLVARO (11), NICO (4).
AUSENCIAS E MOTIVO:
NACHO POR MOTIVO PERSOAIS
CRÓNICA :
Derradeiro partido de Liga deste ano que disputabamos en La Salle contra o difícil equipo local que se encontraba con unha vitoria máis que nos na 2ª posición da táboa clasificatoria polo que o resultado era importante para as nosas aspiracións.

O equipo saíu moi enchufado á pista con moita actividade defensiva e dominando o rebote. Este bo traballo defensivo nos facilitaba boas transicións para anotar ou para obter vantaxes que conseguíamos atopar e materializar en puntos (6-17).
No 2º período o equipo local aumentou a intensidade defensiva pechándose máis o que non soubemos ler e cando o conseguíamos facer non estabamos moi atinados no tiro exterior. En defensa tamén baixamos o noso ritmo o que fixo que se igualase o choque (14-12) chegándose ao descanso con un marcador de 20 -29.

O tempo de lecer non nos sentou nada ben. O equipo non saltou á pista coa tensión necesaria e os locais o aproveitaron para igualar o marcador. Comezaba un novo partido e o equipo foi quen de volver a collerlle o pulso. Pouco a pouco foi mellorando a defensa o que nos daba unha pequena vantaxe a pesar de perder o parcial (10-9).

No derradeiro cuarto o equipo volveu a parecerse ao do comezo. Con máis ritmo en defensa, os locais xa non atopaban tantas facilidades para anotar e en ataque comezaron a entrarnos os tiros o que facía que aumentase a nosa renda ata acadar unha importante vitoria por 42 a 58.

Chega o parón navideño nun bo momento do equipo con 3 vitorias consecutivas que nos fai estar nos posto altos da clasificación aínda que con unha gran igualdade entre case tódolos equipos. Momento de descanso e de atender os compromisos familiares aínda que non deberíamos descoidarnos para volver no novo ano nas mellores condicións posibles.

Bo Nadal e bo comezo de 2020