Fin de semana cheo de actividades

Este é un das fins de semana que podemos dicir que nos serven de pretemporada, non só polos partidos amigables que imos xogar, senón porque temos xa bastantes actividades.
O sábado temos varios encontros amigables cos nosos amigos do BBCA de Narón.
Pola mañá enfrontaranse os equipos infantís femininos ás 12:00.
Ás 16:00 xogarán os dous equipos senior masculinos dos dous clubs e unha vez finalizado, sobre as 18:00 enfrontaranse os equipos junior masculinos.
O domingo nosas juniors xogan en Vigo a final A4 da Copa Galicia, ás 12:30 enfrontaranse ao Estudantes de Lugo. Pola tarde pelexarán polo título (19:00) ou polo terceiro e cuarto posto (17:00).
A outra semifinal enfronta a Basquet Coruña e ao anfitrión o Celta Zorka.
O domingo non só será un día especial para o Club por esta participación do Junior Feminino na Final da Copa Galicia; o será tamén porque celebraremos en Montouto a “I Festa do Baloncesto”.
Un día de convivencia con moitas actividades:

  • Xogos en familia
  • Torneos
  • Unha charla impartida polo Psicólogo Deportivo Rubén Domínguez
  • Comida
  • e partidos entre todos os que formamos parte de Baloncesto Peleteiro.

Remataremos a fin de semana co amigable entre as nosas Senior e as de La Salle