Horarios da fin de semana

Esta fin de semana volvemos a ter competición.

Dous dos nosos equipos junior, o masculino e feminino compiten na casa este domingo.

O primeiro en saltar á cancha será o Junior Masculino que xogará o derradeiro encontro do seu grupo da fase de ascenso diante do Marín PeixeGalego. Despois da derrota da fin de semana pasada diante do CB Noia os de Lalo Foira teñen unha nova oportunidade.

Duas horas mais tarde chegaralle o momento ás de Nacho Varela e David Pérez que recibirán na sua segunda xornada da Copa Galicia a visita de Basquet Coruña.

Mídense nesta segunda xornada dous equipos que veñen de conseguir dous resultados distintos, as nosas debutaron con vitoria diente de Compañía de María mentres que as de Basquet Coruña cederon ante CLB de Vilagarcía por 4 puntos (47-43).

Esta segunda xornada será un paso máis na preparación das juniors de cara a tempada que comezará no vindeiro mes de Outubro.