Final a 4 Infantil Feminina en Montouto

Esta fin de semana disputarase a Final A 4 da categoría infantil feminina.

4 equipos loitarán na tarde do sábado por duas prazas para o Campionato de España da categoría que se disputará en Marín do 9 ó 15 de xunio.

Os equipos que participarán nesta fase final son: Celta Zorka, Club Baloncesto Allariz, Estudiantes de Lugo e Peleteiro.

Correspóndenos ser organizadores desta fase final ó acadar a segunda posición na Liga Regular.

As duas semifinais disputaránse o sábado, na primeira que se celebrará ás 16:00 enfróntanse Celta Zorka (3ª clasificado) e CB Allariz (4º clasificado).

A segunda semifinal ás 18:00, e nela medirémonos o Estudiantes de Lugo (5º clasificado).

Os equipos gañadores destas semifinais xogarán o domingo ás 17:00 o partido para determinar a clasificación final de liga, postos segundo e terceiro, e ambos acompañarán o Bosco Salesianos de Ourense, Campión de Liga ó Campionato de España.