Horarios de adestramento T2017-18

Esta semana damos por finalizada a pretempada e con ela os horarios semanais. A partir de mañá luns 18, comezamos a aplicar xa os horarios de adestramento definitivos, cadrando xa co comezo das actividades no Colexio M. Peleteiro.

Mantemos o criterio de establecer franxas en función de idades (categorías): minis e infantís (agás 1ª división) de 17:00 a 18:30. Cadetes, de 18:30 a 20:00; júniores, de 20:00 a 21:30 e os séniores pecharán a xornada de 21:30 a 23:00.

Aínda que xa estaban a traballar case todos os equipos, a partir deste luns incorporaranse todos os minis e preminis que aínda non o fixeran ou os que son novos na actividade.

Estes son os horarios: Horarios adestramento T2017-18

Aos que xa levades un tempo adestrando, ánimo para seguir progresando e mellorando. Aos que vos incorporedes mañá, benvidos a unha nova e apaixoante tempada. O baloncesto pode ser marabilloso!