Horarios de xogo fin de semana 13/14 de Abril 2019

Compartimos con vos os horarios de xogo para esta fin de semana e tamén dos Torneos nos que van a participar os nosos equipos cadetes: masculino e feminino.

Esta fin de semana apenas temos encontros, e ademáis só tres deles vanse xogar en Montouto. Na maior parte das categorías esta e a seguinte son xornadas de descanso.

O equipo cadete masculino participará durante a Semana Santa no Torneo da Vilagarcia Basket Cup, un dos Torneos con máis importancia na nosa comunidade, que se celebrará do 18 ó 20 de Abril en Vilagarcia.

Mentres o equipo cadete feminino participará no Torneo de Semana Santa de Zaragoza, este Torneo que xa ten 13 edicións conta con máis de 100 equipos entre categorías cadete e junior masculina e feminina e nel danse cita parte das canteiras máis importantes do baloncesto nacional.