Malia non conseguir o ascenso estamos moi orgullosos dos nosos cadetes

Encontro:

EDO BLANCO AMOR – PELETEIRO                         

Lugar e hora:

PAVILLÓN LORENZO DE LA TORRE. DOMINGO 3/10/21 ÁS 19:30

Resultado final:

61 – 44

Parciais :

20-15

14-7

Resultado ó descanso: 34-22

11-11

16-11

 

XOGARON E ANOTARON:

XANDRE (0), JUAN (14), LUCAS (0), JOSE (12), OSCAR (0), MARTÍN (2), MANU (2), HUGO (0), IAGO (0), JACOBO (1), MIGUEL (11) e ÁNGEL (2)

  

CRÓNICA :

Despois de mes e medio de adestramentos e logo dunha fase previa de menos a máis, chegaba o partido definitivo para poder conseguir unha das prazas que permiten disputar a vindeira Liga Galega cadete masculino, enfrontándonos ao EDO Blanco Amor.

O equipo saíu intenso en defensa e algo acelerado en ataque pero dúas triplas nos dous primeiros tiros dos ourensáns, deixáronnos algo tocados. Pouco a pouco fomos axustando a defensa e atacando con máis claridade e efectividade para pechar o 1º período con 20-15.

O EDO Blanco Amor seguía dominando a pintura grazas a súa manifesta superioridade física o que lles proporcionaban segundas opcións e tiros libres mentres nos intentabamos manternos no partido con velocidade pero non nos chegaba.  A isto uniuse o cambio a defensa zonal do rival que non soubemos ler e que lles permitiu ampliar a vantaxe (14-7). Ao descanso 34-22.

Este equipo ten no seu ADN a afouteza e o non renderse nunca polo que seguiu pelexando. Pouco a pouco fomos atacando mellor a súa defensa zonal e pechando mellor o noso rebote defensivo o que nos permitiu rematar o cuarto en empate 11-11.

No derradeiro período o equipo intentouno e con unha tripla conseguíamos baixar da barreira psicolóxica dos 10 puntos pero malas lecturas en ataque provocaron varias perdas en primeira liña que facilitaron as contras do rival o que lles servía para aumentar a vantaxe (16-11). Final 61- 44 e os nosos parabéns ao EDO Blanco Amor.

Mágoa pola derrota pero orgullosos deste equipo formado por xogadores cadetes de 1º e 2º ano pola súa dedicación, pelexa e por entregarse sempre ao 100%. Agora só queda seguir traballando para afrontar outros importantes e ilusionantes retos que nos ofrece esta tempada 21-22