Marcador e galería da xornada (16-17 setembro)

Grazas, Irma!!

Seguimos coa Copa Galicia júnior feminina. A vitoria de onte no derby local fronte a Pío XII dálle ás nosas a clasificación matemática para a fase final a falta de dúas xornadas para rematar a competición dado que na derradeira tócanos descansar.

Segue o infantil masculino coa súa preparación de pretempada. Onte sumouse o cadete masculino que se achegou a Vilagarcía no que sería o encontro de despedida prematura de Irma Landeira. Finalmente o destino lévaa a impartir docencia a Verín e iso fará imposible a súa continuidade con este grupo.

Estraordinaria en todos os aspectos, deixa un pouso de tristeza en todos nós, pero tamén unha gran semente para quen se faga cargo do equipo. A el tocaralle recoller o froito.

Estes foron os resultados: X03.2017-18.16-17 setembro.Resultados